ENCONTRO DE FAMILIAS SOCIAS

20.06.2013 10:07

O día 6 de xullo celebramos unha xornada lúdica en familia. Vémonos en Luscofusco https://www.facebook.com/LuscofuscoEspacioInfantil  en Teo (cerca de Santiago de Compostela). Dispoñemos de espazos abertos, campo de fútbol, de baloncesto, lugar de xogos... cédennos mesas e sillas, podemos utilizar os baños e tamén as instalacións interiores en caso de que faga mal tempo.
Temos que levar a comida, a bebida e aboar un pequeno importe por familia.
Esperamos que vos animedes e así aproveitar a coñecernos, a compartir as nosas experiencias, intercambiar impresións e sobre todo a disfrutar en familia.
Para anotarvos ou solicitar máis información podedes facelo a través do noso correo agadix@hotmail.es ou chamando ao teléfono 605965319